La Región
Sobre galiñas e cativos
Da falta de abundancia no canto dos nacementos na provincia moito se ten escrito, pero moito máis do índice de envellecemento, algo que lideramos, un honor para Ourense: líderes nas dúas táboas.
De grandes despachos con vistas emanan, de cando en vez, ideas para que teñamos máis nenos: que se axudas, subvencións, actividades, burocracia, condicións que as fan pouco alcanzables. Sen acudir ao máis esencial: coidar o que temos.
Servizos como as Galiñas Azuis son sinónimo de calidade, un orgullo, ganas de que os teus cativos poidan acceder ás prazas. Un exemplo de deixadez institucional e municipal ocorre en Paderne de Allariz (e noutros municipios). Unha escola infantil sen calefacción desde o inverno, porta de entrada sen motor, mostras de deixadez por parte de quen as mantén. Non mellor no capítulo de recursos humanos: imos cara a outubro e prazas de profesoras sen cubrir, porque total, dá igual poñer unha profesora con 7 nenos… Todos sabemos que iso é unha tarefa doada.
Sen caer na tristura, pero mirando desde fóra a decadencia á que se chega por deixadez institucional, a pesar dos esforzos das persoas que traballan nas nosas Galiñas Azuis.
Navor Pereira (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 28 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 28 de septiembre
CONVERSACIONES DE PAZ
Irán alerta de que podría usar “nuevas tecnologías militares”