Graciñas, Amencer

Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

Amigos e amigas:

Poucas asociacións, sociedades ou grupos contribúen tanto a construi-la lingua e a cultura galegas como Amencer. En Amencer atopamos acollida, paciencia, imaxinación, creatividade, orixinalidade e ganas de divertirse e de traballar unidos. En Amencer axúdannos a “saca-la lingua” e maila espiritualidade que todos levamos dentro. A asociación acaba de organizar para a festa de Entroido 2026 un amplo programa de actividades para a xente moza e a rapazada da nosa cidade, como xa ven sendo habitual desde hai moitos anos.

Graciñas, Amencer, polo proxecto “Amencer á Carta”, que axuda a ter momentos de diversión entre amigos e amigas, cando a escuridade avanza na cidade. Graciñas polas “XIV Mañás de Entroido”, que fomentan a cultura do Entroido entre os máis cativos. Graciñas pola exposición “O Entroido e as súas máscaras”, que recolle as máscaras máis representativas do noso Entroido galego: boteiros, peliqueiros, pantallas, cigarróns...

Graciñas, Amenceer, pola exposición “12 visións do Entroido ourensán”, que mostra 12 carteis editados polo xornal La Región, que recolle fotografías dos entroidos máis representativas da nosa provincia. Graciñas pola actividade “Deporte para todos: 3x3 baloncesto”, na que se promociona a actividade deportiva, aberta a todos e todas. Graciñas polo “Obradoiro de Comadres”, no que para rematar a nosa comadre, decoramos o boneco poñéndolle roupa, cara e pelo.

Graciñas, Amencer, pola festa do Entroido Xuvenil, na que houbo varias actividades: concurso de disfraces individuais e por parellas ou pequenos grupos, no que se premiaron os disfraces máis orixinais, Graciñas pala Festa de Entroido Infantil, na que os membros máis pequenos da asociación e da cidade celebraron o Entroido cunha festa na que cada un participou vindo co seu mellor disfrace, sempre envoltos en música, xogos, festa e risas.

E graciñas, Amencer, porque acabas de asinar coa Asociación Española contra o Cancro en Ourense un convenio para reforza-la prevención, información e acompañamento a pacientes e familiares, como nos informa La Región do día 21 deste mes.

Amigos e amigas, en Amencer saben que os nenos e as nenas son xoias, que, ben atendidas, darán resplandor ó mundo. Amencer, sigue amencendo, para que os nenos e os mozos sigan crecendo en diversión, lingua, cultura e espiritualidade. Con Amencer, os patios da casa salesiana vístense de alegría, que xoga, comparte e canta.

Contenido patrocinado

stats