La Región
27 de junio
Esta carta non é unha despedida, porque seguiremos loitando ata conseguilo. Esta carta é un agradecemento humilde e sincero aos medios de comunicación que con tanto cariño seguiron a nosa loita, día a día, acción por acción, compartindo, publicando e enchendo as follas e os minutos con cada esforzo que nos saía do corazón.
Non somos expertos en eventos, nin en leis, nin sequera somos expertos en educación. Só somos nais e pais unidos por unha preocupación común, a educación dos nosos nenos e nenas, no presente e no futuro.
Por iso, por facernos crer que nestes tempos que corren os medios están ao servicio do pobo, para reclamar o que é noso e denunciar as inxustizas, grazas. Grazas de corazón polo traballo ben feito.
E especialmente grazas a ti, a nosa fada madriña mediática, que de maneira altruísta, quixo botar horas con nós e pola nosa causa. Grazas por situar o colexio de Allariz no mundo, por escoitarnos, por crer que pagaba a pena todo este esforzo. Ti, que non eres nin do cole, nin de Allariz nin da provincia.
Ti e a túa fermosa empatía quedarán sempre na nosa memoria e na dos nosos fillos e fillas, cando lle contemos que o hashtag #noné1son51 foi tamén grazas a ti, a vós, a todos os que nos permitiron falar. Grazas!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar
FESTIVAL DE MUSICA
“Santa Cristina in musica” regresa en su quinta edición a Ribas de Sil