La Región
Abuelos con fragancia de jazmín
Escríbo en representación dos enfermeiros e enfermeiras do Servizo de Quirófano do Hospital de Verín para denunciar publicamente o engano e o maltrato laboral que estamos a sufrir por parte da Dirección de Recursos Humanos do Sergas en Ourense.
Nas últimas nóminas, e de xeito totalmente unilateral e sen previo aviso, recortáronnos practicamente á metade o prezo das nosas horas de garda e presenza física. Para camuflar esta tesoirada, a Dirección modificou de golpe e porrazo os conceptos retributivos na nómina, saltándose o acordo do Hospital de Verín.
Ninguén regala o seu traballo, e menos nun servizo de máxima responsabilidade e tensión como é un bloque cirúrxico
Mentres este equipo de profesionais se envorca cada día en soster o servizo, dobrar esforzos pola falta de persoal e tutelar a novos cargos sen experiencia para que o hospital funcione como un reloxo, a resposta da administración é quitarnos o noso salario de “tapadillo”.
Ninguén regala o seu traballo, e menos nun servizo de máxima responsabilidade e tensión como é un bloque cirúrxico. Con estes recortes inxustificados, a Dirección de Ourense non só ataca os dereitos consolidados dos traballadores, senón que dinamita a paz social e pon en risco a propia sustentabilidade e calidade asistencial do quirófano de Verín.
Se pretenden aforrar cartos a costa de minguar a dignidade de quen sostén a sanidade pública, atóparannos de fronte.
Iván Míguez Nogueiras
(Colectivo de Enfermaría do Quirófano do Hospital de Verín)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXXIX)
Galería | Los parches de brazo que identifican a policías del mundo
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Inteligencia artificial, pero con estrategia
CAMPAÑA DE EXCAVACIONES
La Prehistoria y Roma, a solo unos centímetros en el Castelo do Lobarzán