La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo
Émile Durkheim, un dos principais referentes da socioloxía, teorizou que cando os individuos se reúnen nun ritual xérase unha sinerxia común que denominou efervescencia colectiva: adórase un símbolo no que o sagrado é o grupo inmanente. Outros autores como Norbert Elias e Eric Dunning afirmaban que as sociedades modernas civilizáronnos na paz quedando un baleiro nas emocións inherentes ao ser humano que son recuperadas no deporte, conceptualizando a excitación mimética: unha emoción que imita ao conflito real pero nun marco seguro, con regras, donde ninguén resulta damnificado.
Estes sociólogos aseveran que o deporte é un descontrol controlado das emocións, que permite descontrolarse de xeito controlado. Porén, cando o descontrol controlado se descontrola completamente a excitación mimética desbórdase en violencia real, xérmolo do hooliganismo. A fronteira entre a paixón san e o conflito tribal é máis difusa do que cremos. Pola súa parte, Michel Maffesoli afirma que a sociedade moderna, que nos prometía individuos libres e racionais, en realidade vólvenos agrupar en comunidades case herméticas, as que identifica como neotribus, caracterizadas pola emoción implícita que permea ao grupo. A consecuencia directa é que xente que non comparte nin clase social, nin ideoloxía, nin os capitais nin o habitus ideados por Bourdieu conforma unha tribu simbólica como se o mundo se estivera rencantando.
Nambergantes, hai quen manifesta que todo isto é pan e circo, sendo o fútbol o opio do pobo
Outro concepto clave para comprender esta cosmovisión sería o de nación. O historiador Benedict Anderson definiuna como unha comunidade imaxinada que non significa que sea ilusoria, xa que se comforma un nós ubicuo. Eric Hobsbawn sintetizaba: “A comunidade imaxinada de millóns de persoas semella máis real cando se reduce a un equipo de once persoas con nome propio que representa ao conxunto da nación”. Por conseguinte, a pesar de que a nación poida ser unha idea abstracta vólvese plausible. Pola súa parte, Michael Billig denominou nacionalismo banal non ao nacionalismo dos símbolos e a dos discursos, senón ao cotiá, ao invisible, ao que nin sequera pensamos nel.
Nambergantes, hai quen manifesta que todo isto é pan e circo, sendo o fútbol o opio do pobo que nos afasta dos problemas reais da cidadanía, actuando este deporte como “sportwashing” de certos réximes autoritarios. Sen embargo, o fútbol produce pertenencia, emoción e sentimientos compartidos.
Xián Antón Lorenzo Rodríguez
(Ribadavia)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cuando los mayores superan a los niños
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
O exame PISA pisou e mancou
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Agradecimiento y felicitación
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense