La Región
El coste social
A noite do pasado venres celebrouse a cea homenaxe a Pepe González de Cadena Ser Ourense pola súa merecida xubilación. Debo decir, que nunca asistira no Liceo a un evento tan bonito e emotivo.
Noraboa Pepe, moitos parabéns nesta nova etapa da túa vida, na que desexo que disfrutes moito da familia e dos amigos. Nova etapa a cal mereces pola túa intachable e exemplar traxectoría profesional, sempre con respecto e adicación ós deportes maioritarios pero tamén os mal chamados minoritarios como tú decías ós cales sempre lle deches cabida no teu espazo radiofónico, a túa ben querida provincia de Ourense, os radiointes e tamén a cidadanía en xeral, abordando e contando con estilo propio e característico as noticias do día en Ourense, cidade e provincia.
Amigo Pepe, como Tony da Limia, showman internacional, adícoche estas verbas para a túa amada María:
“Cariño, todos los que cantan bien cantan bajo la ventana, y yo como canto mal canto contigo en la cama”.
Foi unha noite de moita ledicia e agarimo, cunha organización de actos perfecta, e unha cea cun ambiente extraordinario de amizade, para arroupar nesta noite para o recordo, a Pepe e a súa dona.
Neste día non podía faltar un recordo para Pepe con moito agarimo do noso querido Antela FC, polo que, en nome do Antela FC e como embaixador internacional deste, fíxenlle entrega dun agasallo.
Que viva Pepe González, adiós con el corazón e amigos para sempre.
Moitas grazas.
Toño Novoa
(Expresidente Antela FC. Xinzo de Limia)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Procrastinar
ALCALDE DE MONFORTE
Mujeres del PSOE acusan al presidente de la Diputación de Lugo de acoso sexual
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 10 de diciembre
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Reforma imposible