La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Mirar distinto
O profesorado Celga e mais de linguaxes específicas (administrativa e xurídica) vai pasar o peor Nadal que recorda.
Estes profesores e profesoras traballaban para a Xunta de Galicia impartindo os cursos de galego mais a Xunta non os daba de alta na Seguridade Social nin lles facía un contrato de traballo; isto durante anos e anos. Como quen manda manda, ata o de agora nin se lles ocorreu reclamar os seus dereitos.
Xa fartos desta situación, este ano denunciaron as súas condicións ante a Inspección de Traballo e ante os tribunais. Foron despedidos con inmediatez, todos e todas.
A Inspección de Traballo pronunciouse e deulles a razón aos traballadores, obrigando a pagar as cotas correspondentes á Seguridade Social, dándoos de alta de oficio e sancionando á Xunta polo que fixo.
Os tribunais tamén ditaron sentenza; os dez profesores/as que denunciaron na provincia de Lugo deben ser readmitidos/as; o seu despedimento considérase nulo. As sentenzas déronlles a razón en todo o que reclamaban.
Pero chega o Nadal e eles seguen na rúa. A Xunta de Galicia non quere recoñecer os seus erros. Non quere acatar as sentenzas. Na Xunta prefiren recorrer e que o profesorado dos cursos de galego pase o peor Nadal da súa vida. Iso si, eles agardan unha mellor ventura para o 2015.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Mirar distinto
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Todos, todos, ¿todos?
La Región
Ourense, termalismo y regulación: un paso en la buena dirección
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Otra vez se vuelve a hablar del Festival del Miño
Lo último
Manuel Baltar
Recetar termalismo
EMBAJADORA EMPRENDEDORES
Los innovadores caminaron por la Vía da Prata de Allariz
26, 27 y 28 DE JUNIO
Este verano, ojo al dato con el Basket Data Summit 2026 en Ourense