La Región
En Ourense, con morriña de xunqueira
Amigos y amigas:
Co gallo da festa de san Pedro de Verona, o 29 de abril, asoma a miña vida a morriña das xentes de Vila-sana e de fermosa “catedral”. Recordo persoas, prazas, rúas, festas, viaxes, peregrinacións, mortes naturais e mortes do acidente do Alvia e anécdotas, que deixaron en min fonda pegada.
Recordo a Gavilanes, o alcalde de sempre e para sempre, que nos ofrecía os seus coches para excursións longas e para ir, de valde, ós Milagros. E, de valde, traía as bandas para as grandes festas.
Lembro a Gelucha, que se entregaba en corpo e alma a súa parroquia, como se entregaba o seu irmán Pepiño a misionar en África. E a Perfeuta, que nas crúas mañás do inverno nos elevaba os ánimos cun quentiño café de pota, que nos daba folgos para chegar ata as parroquias de Abeleda, Armariz, Vilar de Ponte Ambía e San Pedro da Ribeira.
Recordo a Avelino, sempre socarrón, sempre con seu ronrón, pero sempre presto recoller a colecta, e disposto sempre a tomar un viño onde queira que fose. E a Pedro, que repicaba as campás mellor ca nunca na festa do seu san Pedro de Verona. E a José Manuel, que, entre ir e vir do seu traballo en Compostela, encontraba tempo para asesorar sobre arte, exposicións e sobre os novos bancos que acomodan e locen hoxe na igrexia.
Lembro a Marujita, que vestía na rúa con elegancia e na “catedral” irradiaba siempre fragancia. E a María Jesús e o seu home, a directora do colexio e, por tanto, miña directora, querida por todos. E a Teté, que proclamaba a Palabra con claridade e devoción. E a Pilar, a farmacéutica, que cada ano entregaba un diñeiro para sufraga-los gastos e os obsequios da parroquia. E a Celsa, sempre na Biblioteca con libros, nenos e unha sonrisa.
Recordo a Manolito, que tiña un bo e armónico corito, que solemnizaba a “Misa Maior” dos domingos. E a Ricardo e a súa dona, que daban folgos ós vivos e sepultura ós mortos e, con José Luis, vida ó Belén de cada ano.
Amigos e amigas, lembro as catequistas Mucha, Asun, Soraya, Cris, Flora, Raquel,… Recordo a aquel grupiño de persoas que cada tarde participaba na eucaristía. E… a tódalas persoas da parroquia, que neste espacio da Región non caben para nomear. ¡Felices Festas, tamén a Luis Javier!
Adolfo Requejo Rodríguez (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último