La Región
El lagüero
Coma sempre cada verán, fiel a súa cita, acude o lume aos montes do país. Son unha pesadelo recorrente. Volven coa mesma, ou aínda máis, virulencia sementando ao seu paso morte e destrución.
O recente incendio de Almería deixou tras de si un regueiro de catástrofes ambientais (nunha zona xa moi problemática no que se refire a súa masa forestal) e sobre todo de vítimas que non souberon, ou non lles explicaron ben e a tempo, como saír daquel inferno.
E tamén coma sempre os políticos do país enchen a boca de palabras de pésame aos familiares das vítimas e tratan de explicar as causas (ola de calor, vento, condicións orográficas…). Tratan de explicar o que, en certa maneira, e doado explicar: os grandes incendios prodúcense porque non hai unhas leis que sexan realmente eficaces na prevención; porque hai unha pésima xestión do monte; porque non hai persoal profesional especializado; porque non hai unha previa formación da poboación para estes casos tan límites. O custo económico, seguro, sería alto. Pero os intentos de extinción son, posiblemente, aínda máis. E se esas ideas foran realidade as consecuencias humanas e ambientais do lume serían, seguro, moito máis baixas.
Manuel Romasanta Touza (Sigüeiro)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último