La Región
CARTAS AL DIRECTOR
En el umbral de la aporofobia
Hai cousa dun ano aproximadamente, escribín un artigo titulado “Misión: Sacar ao PP do Goberno ”, foi publicado na práctica totalidade da prensa galega. Ao final pasou un ano e, as súas señorías fixéronme caso?, non.
Era lóxico ter un Parlamento cunha maioría de esquerdas e un Goberno de dereitas. Ao final parece que a guerra entre os sanchistas e susanistas, aínda segue nos despachos e en moitos concellos, e isto aínda prexudica máis se cabe o traballo do Goberno de Pedro Sánchez, xa débil polos seus poucos escanos. E é que parece que os vellos dinosauros do PSOE non están moi pola labor de aceptar a derrota de Susana Díaz (que moi pronto deixará de ser a presidenta da Comunidade andaluza). Cousas que pasan cando tes malos compañeiros como socios, medo dáme que os do Sr. Rivera cheguen ao poder. Como todo o mundo sabe, agora chegan os xuízos dos ERE, que salpican a grandes amigos seus polos cales, dixo, poñía a man no lume. Xa a terá queimada.
Pero imos ao importante, e non me refiro ás rifas das súas señorías, nin a Cataluña, nin á chantaxe que sufrirá o presidente por parte dos que votaron a favor da moción de censura.
A miña pregunta é, a que agarda o Sr. Sánchez para poñer encima da mesa e levar ao Parlamento a abolición da Lei Mordaza? Non creo que ningún dos grupos que votaron a favor de sacar ao PP do goberno vote en contra, é máis, ata penso que os naranjitos do Sr. Rivera poderían absterse (sempre están a pensar nas enquisas). En fin, xa non falo da Lei Corcuera, aínda que sería o ideal e gañaría moitos puntos para as próximas eleccións, iso seguro.
E se hai algún problema co Senado (que non serve máis que para ter unha gran burrocracia tenebrosa) pois nada, un real decreto e listo. Temos que lembrar que o PP con maioría absoluta estivo a pasar o rodete catro anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
En el umbral de la aporofobia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
La Región
Nuestros municipios
La Región
La fiesta pasó y su corazón se quedó
Lo último
BORRASCA LEONARDO EN OURENSE
El temporal pasa factura en ambos institutos de Xinzo con aulas llenas de agua
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Ourense suma 2.600 nuevos casos de cáncer en el último año
JUNTA DE SEGURIDAD
La ciudad de Ourense cuenta con 178 casos activos en el Sistema VioGén