Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Otra vez se vuelve a hablar del Festival del Miño
Agora liderada por Irene Montero, parece que o cargo de ministra que ocupa coas súas asesoras non lle dá o protagonismo que tanto desexa e abúrrese ela e todo o seu séquito. Imaxínome a todas elas fartas de tomar café e, iso si, cun soldo medio duns 5.000 euros por cabeza ao mes cada unha, por pensar en que a igualdade sexa cada vez menos entre homes e mulleres. O certo é que ese ministerio é un verdadeiro "misterio", non se sabe nada do que aí sucede; poucas veces sae algún comunicado e en ocasións case é mellor que non saíse ningún, desa forma polo menos non farían o ridículo.
A última metedura de pata é nin máis nin menos que cargarse a Teresa Rodríguez, a líder de Adiante Andalucía, a persoa que sen dúbida en caso de seguir en UP podería chegar a liderar ese partido que se está descompoñendo cada día que pasa. Como se non chegase coa caída en picado que lle dan todas as enquisas, agora van e móntana en Andalucía. É obvio que perderon o norte, vai suceder o mesmo que en Galicia, desaparecerán do mapa político andaluz. Os motivos que alegan para apartar a Teresa Rodríguez tería que aplicalos tamén a Yolanda Díaz, pero claro, os que seguen sendo fieis ao líder supremo teñen inmunidade, faltaría máis.
O caso é que cando se marcho Rodríguez de Podemos, saíu con Pablo Iglesias falando e con bo feeling. Pablo aceptou, que remedio, e quedaron ben para a galería, toda unha montaxe. Non tardou moito en descubrirse a verdade, pero claro, agora a cara dáa a sra. Montero no canto de dala o "macho alfa" deste partido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Otra vez se vuelve a hablar del Festival del Miño
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Momentos de incertidumbre
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Un mundo de pícaros
La Región
Deslealtades
Lo último