La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Fomentando la vagancia
Nos últimos tempos, os consellos sobre nutrición medran como fungos despois da chuvia. Os chamados gurús alimentarios, moitas veces sen formación contrastada, énchennos as redes de normas que mudan cada semana e que nos deixan sen saber que poñer no prato.
Agora resulta que hai que durmir do lado dereito para dixerir ben, beber só auga alcalina, comer o kiwi con pel e arrefríar o arroz antes de comelo. Nada de aceite común: só virxe extra, a ser posible prensado ao amencer por mans iluminadas. Os almorzos deben incluír sementes de cabaza e batidos verdes que prometen limpar ata os pensamentos.
Mentres tanto, o filete é pecado, o queixo vello unha bomba, e o pan de verdade unha provocación. Todo debe ter fibra, calcio, vitamina D e unha etiqueta que o certifique como “bonito por dentro”. Comer xa non é alimentarse: é superar unha carreira de obstáculos coa conciencia na man. A mensaxe é clara: menos sabor, máis culpa. E se un día pecas comendo unha boa empanada, a penitencia será correr polo monte ata redimir a graxa saturada do pecado.
O resultado? Confusión, culpabilidade e un cansazo xeral. Un xa non sabe se está diante dunha ensalada ou dun exame de fin de curso. A forza de tanto consello, perdemos o pracer e o sentidiño.
Por todo isto, anímome a compartir esta reflexión, entre a retranca e o realismo, pero tamén cunha petición: menos imposicións e máis sentido común. Comer debería ser un acto de saúde, pero tamén de sentido común e pracer.
Angel Alfredo Martínez Ques (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Fomentando la vagancia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El respeto trae la paz
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La verdad bajo amenaza
La Región
Caminando, aprendiendo
Lo último
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero
VISITA DE TRUMP A CHINA
La tregua de la guerra en Irán, en un punto crítico mientras siguen los contactos