Unha ducia enteira de churros, esa si que é “churrada”

CARTAS AL DIRECTOR

Publicado: 20 may 2026 - 04:40
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

O fin de semana escoitando a Treixadura nas Festas do Couto, achegóuseme ao carón meu o alcalde de Ourense cun churro na man e un cucurucho que contiña outros dous churros, e interpretei que me ofrecía a proba. Abraiado por tal circunstancia fiquei mudo e só nos cruzamos a mirada mutuamente, sen máis, porque non nos coñecemos de nada. Acto seguido ofreceullos ao home que estaba grabando o concerto cunha cámara profesional, pra televisión do señor alcalde, supoño, Auria TV.

Foi entón cando comprendín que eses tres churros non eran pra min, non, senón pro seu camarógrafo, ou operador de cámara ou sinxelamente cámara.

Porén digo eu: o señor Jácome non puido traerlle a este operador de cámara unha ducia de churros?, porque “unha ducia enteira esa si que é churrada” (licencia ceibe prosaica mudando “muiñada” por “churrada”). Mágoa me dá, porén os orzamentos de Auria TV estarán xa moi axustadiños, e máis cando hai desagradecidos coma min que non souben cicais prezar a invitación do señor alcalde naquel intre como é debido. Pido perdón.

A verdade é que eu non me quería distraer nin me perder ningún acorde, nota musical ou estribillo do concerto de Treixadura, primeiro é o primeiro, porque como dicía a miña avoa, “primeiro Deus e despois os santos”.

Antonio O. Ferreiro

(Ourense)

Contenido patrocinado

stats