Vaga de lumes e mala xestión

Publicado: 18 ago 2025 - 02:40
Carta al director
Carta al director

Ourense está sumerxida na peor catástrofe medioambiental da súa historia, só o lume de Chandrexa de Queixa calcinou máis de 16.200 hectáreas , un dos máis letais da historia en Galicia, onde ardeu unha superficie arbolada de alto valor ecolóxico no corazón do macizo central ourensán e o invernadoiro.

A calidade do aire na provincia é moi mala debido ao fume e ás altas temperaturas.

A mala xestión e o abandono do rural son claves na vaga de lumes que asola a nosa terra e, por suposto, na falta de limpeza dos nosos montes e na planificación suicida e cómplice que fai a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural ao autorizar repoboacións a base de especies como o eucalipto, un combustible no monte que bota por terra non só o traballo das unidades de emerxencia senón que tamén acaban coa capa vexetal do mesmo ao absorber a pouca humidade que hai.

En verdade, a Consellería de Medio Rural segue apostando por proxectos suicidas como o de Altri, que precisan de centos de hectáreas de eucalipto e millóns de litros de auga que logo devolven contaminada ao río Ulla.

Para @s irresponsables e mal@s xestores: Dimisión.

Rosendo Fernández González

(Ourense)

Contenido patrocinado

stats