La Región
Justicia y equidad
No verán a nosa contorna ve aumentada a súa poboación cos veciños que están no País Vasco, Cataluña, Madrid, Suíza, Alemaña, Francia e outros destinos. Este incremento demográfico supón máis movemento de automóbiles, de merca e consumo de alimentos e doutros produtos e, sobre todo, un incremento no ocio: hostaleira, restauración, eventos sociais, culturais, deportivos e de lecer. Tamén no consumo de auga de abastecemento, recollida de lixo, servizos sociais, sanitarios e asistenciais.
Sempre volven preferentemente ao abeiro das de Festas das Neves. E pásalle tamén ás persoas da contorna: A Rabeda, Molgas, Arnuíde, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Ambía, mesmo Montederramo e Castro Caldelas, que tamén veñen a Maceda, pois óllannos como centro de referencia comarcal a todos os niveis.
Agora mesmo temos un movemento migratorio positivo de persoas que veñen con intención de quedarse. Algúns son os veciños de orixe que viviron fóra de Maceda e que ao xubilarse decidiron volver definitivamente. Mesmo hai persoas alleas que veñen vivir e traballar, algúns con contratos laborais. Outros buscándose a vida mentres non regularizan a súa situación. Isto está incrementando a poboación activa que se ofrece para postos de traballo que non se dan cuberto polos que están eiquí, o que supón un cambio da nosa fisionomía e todo un revulsivo económico e social.
Dende todas as Administracións, maiormente dende o Concello, deben ter en conta estes dous fenómenos para establecer e deseñar medidas e políticas que favorezan a estancia permanente e a integración plena. Si estas medidas se levan adiante, darán froitos, como acontece coa integración xitana na vila de Maceda. Empezouse erradicando o “chabolismo” coa creación e aluguer de vivendas xestionadas polo Concello. Aínda que está sendo un proceso máis lento do desexable, fíxose con convivencia e normalidade, compartindo espazos sociais, económicos e de lecer. Esta situación está normalizada no sistema educativo, no sanitario, no mundo laboral con máis contratacións que nunca e con emprendedores.
Temos que ser capaces entre todos de aproveitar, con empatía e hospitalidade, o regreso definitivo ou temporal dos veciños de orixe e dos migrantes que se asentan en Maceda. Toda unha oportunidade para o deseño o noso futuro máis próximo! Grazas o amigo Santiago Prol pola suxestión do tema e pola corrección formal desta carta! Boas Festas!
Xosé Bieito Seara Formoso(Maceda)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas