La Región
La "buena fe" de los herederos de Franco
CARTAS AL DIRECTOR
Vilanova era un pobo onde se vivía moi tranquilo hasta a chegada do circo, o circo son as asociacións que se fan co dominio do pobo e que coas subvencións destinadas a mellorar as vidas das xentes se dedican básicamente a facer festas, ruídos e circos.
Grupos de tambores ensaiando en plena calle e misas a todo volumen polos altavoces, ese é o menú de calquera sábado pola tarde, e se non che gusta peor para ti.
Transe turistas a dar voltas por un pobo onde non hai un triste negocio, non entenden que o fin do turismo é que deixe cartos no pobo, non molestar ós veciños.
Festas tampouco faltan, vese que é mellor gastar as subvencións en facer festas que en arreglar o alumeado ou o sinalizado do pobo que se puxeron hai 30 anos e están moi deteriorados.
Festas que se fan sin contar ca maoría de veciños, así, calquera sábado te podes atopar cas calles cortadas e música a todo volumen hasta altas horas, eles deciden cando molestarnos.
E agora no nadal temos o pobo cerrado e música todo o día, os furgóns de paquetería non entran no pobo en todo o mes e temos que ir a recoller os paquetes fóra do pobo. Todo para que catro poidan encher o pobo de monecos e luces compradas en Amazon, ata cando?
Señor alcalde de Celanova: en que momento unha asociación cultural, que non engloba nin á metade dos veciños, ten o poder de manexar o pobo ó seu antollo?, onde quedamos o resto de veciños? Non sería lóxico que as asociacións tiveran un local social onde celebrar os seus actos e onde non molestar a quen non está interesado neles?
Evidentemente o concello nin está nin se lle espera, son outros que están ocupados facendo festas cos cartos destinados a policía local ou persoal de limpeza.
E digo eu, que moitos somos os que solo queremos vivir tranquilos e que igual temos dereito a elo, proben a darlle unha voltiña.
Víctor Enríquez Bouzas (Celanova)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último