INCENTIVOS FISCAIS
Os produtores reclaman un maior apoio ao sector no OUFF
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudicou as obras de rehabilitación da igrexa de Santa Mariña de Esposende, ben pertencente ao Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia por tratarse dunha edificación románica dos séculos XII e XIII con incorporacións na nave dunha capela gótica do século XVI e unha sacristía.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou a igrexa acompañado pola alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, anunciando unha inversión nestas obras de 168.000 euros, cun prazo máximo de execución de sete meses.
O delegado territorial explicou que con esta actuación preténdese a mellora das condicións de humidade interior do coro da igrexa e nos interiores da fachada norte da nave e da capela gótica, que danan as pinturas murais existentes que na actualidade se ocultan tralas sucesivas capas de encalado.
Os traballos consistirán na revisión dos encontros de chumbo existentes; limpeza da cuberta e dos paramentos exteriores de cantaría; na restauración dos elementos escultóricos e das melenas das campás; na substitución da fiestra; na ocultación do oco de saída á cuberta; na eliminación de elementos metálicos e na execución da drenaxe na fachada norte.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENTIVOS FISCAIS
Os produtores reclaman un maior apoio ao sector no OUFF
ACCIDENTE FERROVIARIO
Un hombre muere arrollado por un tren de mercancías en Laias, en Cenlle
OCIO Y NATURALEZA
Laias acoge el programa juvenil Ecoverán Termal
Lo último