Caldelas xa conta co seu novo vehículo eléctrico

PARQUE MÓBIL

Trátase duhna Citroën Berlingo de cinco prazas e 1005 eléctrica, e garante uhna autonomía de 343 quilómetros

O goberno local recibindo o novo vehículo.
O goberno local recibindo o novo vehículo. | Concello Castro Caldelas

Os concellos ourensáns continúan renovando o seu parque móbil pouco a pouco para adaptalo aos novos tempos e ás esixencias ambientais. Este esforzo económico e de xestión resulta especialmente grande para os municipios de menor tamaño da provincia, como é o caso de Castro Caldelas. Nestas contornas rurais, a modernización dos vehículos é de especial utilidade debido á forte diseminación da poboación polas aldeas e aos elevados custos operativos diarios que xeran os constantes desprazamentos polo territorio.

Neste contexto, o Concello de Castro Caldelas vén de incorporar ao seu servizo unha nova furgoneta Citroën Berlingo de cinco prazas e 100% eléctrica. Esta adquisición supuxo un orzamento total de 30.241,02 euros, unha contía que foi soportada grazas a unha axuda que asumiu o 60% do cofinanciamento a través de fondos procedentes da Unión Europea. A nova dotación municipal destaca polas súas prestacións: posúe un motor de 136 CV e garante unha autonomía de 343 quilómetros. Ademais, o automóbil está equipado con baca e gancho de remolque, e conta coa vantaxe da etiqueta CERO da DGT.

Desde o Consistorio caldelao subliñan que esta compra axudará a renovar de forma eficiente os medios profesionais, cumprir coas normativas urbanas máis esixentes e xerar un importante beneficio a nivel municipal grazas ao aforro enerxético, o seu baixo custo de mantemento e a vantaxosa fiscalidade.

Tras a recepción do automóbil, o goberno local quixo agradecer publicamente aos organismos colaboradores a axuda prestada para sumar este vehículo necesario para o día a día do municipio.

Contenido patrocinado

stats