Alumnos de Infantil de Verín viven a súa primeira vendima

COLEGIO MARÍA INMACULADA

O colexio María Inmaculada de Verín formou ao longo de tres días aos vendimadores do futuro

Os alumnos fixeron ademais un mural cos acios recollidos (foto: Colegio María Inmaculada de Verín).
Os alumnos fixeron ademais un mural cos acios recollidos (foto: Colegio María Inmaculada de Verín).

Esta actividade escolar realizouse con rapaces de catro anos das dúas clases de 5º de Infantil, e na que os nenos aprenderon a podar as vides e ata a pisar a uva.

Na primeira das xornadas, que tivo lugar nas aulas do centro, os pequenos viticultores aprenderon sobre a vendima a través de vídeos e debuxos, así como da súa importancia na que comarca na que todos eles viven.

Os vendimadores do futuro cortaron as vides no bacelo coas súas tesoiras (foto: Colegio María Inmaculada de Verín).
Os vendimadores do futuro cortaron as vides no bacelo coas súas tesoiras (foto: Colegio María Inmaculada de Verín).

O segundo e terceiro día, aproveitando o pequeno bacelo que posúe a congregación no patio, os alumnos estiveron a cortar as vides coas tesoiras escolares, ao tempo que se lles explicaron os dous tipos de uva que existen e o resto do proceso de elaboración do viño, xa que acabaron pisando as uvas e facendo mosto.

Os cativos tamén pisaron as uvas que recolleron en tallas de plástico (foto: Colegio María Inmaculada de Verín).
Os cativos tamén pisaron as uvas que recolleron en tallas de plástico (foto: Colegio María Inmaculada de Verín).

Dani Rodríguez, coordinador dos cursos de Infantil do María Inmaculada, subliña todo o positvo de facer unha actividade “diferente”.

“Os nenos estaban encantados, e de feito os pais e nais dixéronnos ao día seguinte que os cativos chegaran a casa moi emocionados. Temos que ter en conta que moitos xa coñecen a vendima da casa porque a fan alí, pero outros tantos non, así que para eles foi unha experiencia que nunca fixeran. Só por iso xa paga a pena, porque outras veces non contan o que fan no colexio, aínda que sempre estamos a facer cousas”, conclúe.

Contenido patrocinado

stats