Ana Carballo, nova directora no colexio de Oímbra

REUNIÓN INSTITUCIONAL

A nova directora do colexio tivo un encontro coa alcaldesa do concello de Oímbra, Ana Villarino

Publicado: 11 sep 2024 - 11:25 Actualizado: 11 sep 2024 - 11:59

Ana Carballo.
Ana Carballo.

Coincidindo co inicio do curso escolar hoxe, a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, reuniuse onte coa nova directora do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Oímbra, Ana Carballo. Na charla trataron os servizos que financia o Concello, como os almorzos saudables ou as axudas para material escolar e limpeza pero, sobre todo, a importancia do aumento de matrículas que experimentou este ano este centro do rural.

Contenido patrocinado

stats