INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
O Concello de Monterrei, outro ano máis, volve a ser beneficiario dos campos de voluntariados ofertados pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Este verán volverán á comarca 15 mozos de entre 18 e 30 anos interesados no ámbito da arqueoloxía.
O campo de voluntariado que se oferta versará sobre traballos arqueolóxicos no Castelo de Monterrei. Os participantes intervirán na cara norte da Acrópole do Castelo, na zona axardinada e nun espazo intermedio entre a muralla do terceiro recinto e o paseo de Monterrei. Ademais, traballarán na creación dun xogo de realidade estendida sobre o Castelo para a difusión turística deste destino. Os mozos tamén poderán coñecer a ruta termal da auga, a DO Monterrei e visitar o parque natural de O Invernadoiro, entre outras actividades.
Este campo de traballo, de ámbito internacional, desenvolverase do 30 de xullo ata o 10 de agosto e dende o Concello de Monterrei informan de que o prazo para solicitar praza xa está aberto, animando á participación dos mozos interesados na arqueoloxía e na historia.
A Xunta de Galicia oferta un total de 42 campos de voluntariado para a campaña deste verán. Destes, nove serán na provincia de Ourense e os concellos beneficiarios -ademais de Monterrei- son Larouco, Celanova, Vilariño de Conso, Bande, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Muíños e A Veiga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Guardiola, presidenta, el PSOE se hunde
La Región
Cuando jugar se convierte en discriminar
La Región
Realidades municipales
IGLESIA DE LA VERACRUZ
Primera Papanoelada solidaria en O Carballiño