A Reitoral da Chaira ofrece visitas guiadas e talleres

RIÓS

Tralo éxito da convocatoria da semana pasada, a Reitoral da Chaira volve ofrecer unha visita guiada ao seu patrimonio

Vista da Reitoral da Chaira, en Riós.efined
Vista da Reitoral da Chaira, en Riós.efined

O espazo cultural, de hostalería, albergue e museo da Reitoral da Chaira, ubicado no Riós, volve abrir as súas portas este martes cunha nova visita guiada.

Así, os encargados desta antiga reitoral convertida en centro de interpretación da castaña amosarán o edificio a tódolos interesados a partir das 17,00 horas da tarde deste martes. Para inscribirse cómpre chamar ao 667 466 073.

Este mesmo martes, dende as 18,30 horas, haberá un obradoiro da danza do corazón, un baile tibetano que inclúe meditación e que axudar á calmar e relaxar a mente e o corpo.

O mércores, á mesma hora, a Reitoral da Chaira acollerá outro obradoiro, desta vez dedicado a facer os nosos propios amuletos de protección.

O venres 23, a artista Paulinha de Arzóa volverá repetir o seu taller de acuarela ás 18,00 horas. Trátase dun obradoiro pensado para todos os niveis de dotes artísticas.

Ademais non é necesario levar materiais, nin sequera saber debuxar. Esta aula ten unha duración de dúas horas e media e é necesario incribirse no 677 759 602 ou no 667 466 073.

Teatro do grupo verinés Namarella

Para pechar esta intensa semana de actividades culturais e artísticas na Reitoral, o grupo de teatro verinés Namarella interpreterá a súa obra “Agárdame no ceo”, este sábado ás 21,00 horas. Esta peza teatral de humor conta cun elenco coral.

Contenido patrocinado

stats