Riós acollerá o II Foro da Castaña os días 6 e 7 de outubro
O obxectivo é analizar os retos e oportunidades que ofrece o sector
O Concello de Riós acollerá os días 6 e 7 de outubro a segunda edición do Foro da Castaña, organizado pola Deputación de Ourense a través do Inorde. A cita celebrarase no Multiusos da localidade co obxectivo de analizar os retos e oportunidades que ofrece este sector, no que a provincia é a principal produtora de Galicia. Esta segunda edición contempla temáticas técnicas e prácticas que inciden no axeitado desenvolvemeto das producións.
O Foro da Castaña é unha das actuacións recollidas no convenio de colaboración asinado entre o Inorde e a Consellería de Medio Rural para a posta en valor do sector a través do Centro de Desenvolvemento Agroforestal localizado en Riós, dependente do organismo provincial.
A primeira das xornadas centrarase en cuestións técnicas a través de relatorios impartidos por profesionais do ámbito público e privado nas que se abordarán cuestións de interese como o tratamento de pragas, a xestión conxunta de soutos tradicionais, tipos de plantas de castiñeiro e a recuperación dos soutos, entre outros. Pola tarde, o foro terá un enfoque máis práctico cunha exhibición de cociña e repostaría con castaña de Galicia, outra de poda e mantemento de castiñeiros e unha conferencia sobre recomendacións para facilitar a revalorización e comercialización da castaña.
Xa o 7 de outubro, os participantes realizarán unha visita técnica á comarca do Bierzo en León para coñecer exemplos de "boas prácticas". A saída permitirá aos participantes coñecer unha plantación nova de castiñeiros con orientación agrícola en Carracedelo, a Agrupación de produtores de venta e comercialización de produto fresco de Corullón e unha empresa de conxelación de castañas, así como unha experiencia familiar de transformación e venda deste produto.
O Foro, para o que é necesario inscribirse de xeito gratuíto, está dirixido a produtores de castaña, propietarios individuais ou agrupacións propietarias de soutos en Galicia, así como a empresas privadas e entidades públicas involucradas neste sector.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE DE GALICIA
Una de setas
PRIMERA FEDERACIÓN
Agustín Ruiz es el elegido por la UD Ourense
LUCHA CONTRA EL NARCOTRÁFICO
Los escondites favoritos de los narcos: la caja fuerte bajo el asiento del coche