Tobogáns de auga e festa da espuma na nova campaña do comercio verinés
CAMPAÑA COMERCIAL
A Asociación de Comerciantes de Verín (Aever) vén de presentar a súa nova campaña comercial de animación nas rúas e promoción de vendas, “Móllate polo comercio”
A acción comercial terá lugar na Praza Maior o 16 de agosto, venres, e contará con tobogáns de agua e unha festa de espuma.
As actividades celebraranse de 17,30 a 21,30 horas. Para participar, os interesados deberán canxear os tiques de compra nos establecementos asociados na carpa de Aever, situada na mesma praza García Barbón.
Ao facer entrega de cinco comprobantes e máis 5 euros, obterase unha pulseira que dará acceso a tódalas actividades durante toda a tarde. A carpa estará aberta dende unha hora antes do inicio.
En total haberá tres tobogáns deslizantes de agua, indicados para distintas idades e con diferentes alturas. Os maiores terán un megatobogán con 14 metros de altura, mentres que os xóvenes e cativos desfrutarán dun tobogán de 7, e de dous de 4,5 metros.
Quendas para a festa da espuma
Haberá catro quendas por franxas de idade para que todos poidan desfrutar da festa da espuma.
Entre as 17,30 a 18,30 horas e as 19,30 e as 20,30 horas, participarán nenos de 3 a 10 anos. De 18,30 e as 19,30 horas será o quenda dos rapaces a partir dos 11 anos.
Finalmente, entre as 20,30 e as 21,30 horas será o turno de xóvenes e adultos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
SENDA 0011
Frenar no es parar
A POR LOS 3 PUNTOS
El Arenteiro, a estrenarse ante el Lalín
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLVII)
Galería | El hombre que salvó una colección de fotos de guerra
Victoria Lafora
Cincuenta días después