Os comerciantes de Verín presentan a campaña do Día da Nai e unha feira solidaria
COMERCIO LOCAL
A Asociación de Comerciantes de Verín (Aever) presentou onte unha dobre campaña, co gallo da próxima celebración dos Maios, o vindeiro mércores, e do Día da Nai, o domingo 5 de maio
O presidente de asociación, Santos Álvarez; o seu xerente, José Ángel Rodicio, e a concelleira de Cultura, Samanta Barreira, desvelaron a feira solidaria de Aever “Os Maios”, cun inchable e unha carpa que o próximo 1 de maio, de 10,00 a 14,00 horas, estarán situados na praza García Barbón.
Todos os tíckets das compras nos comercios adheridos ao Centro Comercial Urbano de Verín permitirán aos cativos desfrutar dos inchables por tan só 1 euro, cantidade simbólica que se destinará á ONG Save the Children para axudar á infancia na Franxa de Gaza.
Ademais desta acción solidaria, todas as compras realizadas nos establecementos que pertencen á asociación entre onte mércores e o próximo 5 de maio inclusive, poderán entrar no sorteo de 5 cheques regalo de 100 euros cada un para mercar no comercio local. A máis vales de compra, maiores oportunidades de gañar no sorteo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo
RECLAMAN MÁS ZONAS VERDES
La revegetación de Otero Pedrayo levanta críticas de los vecinos
La Región
No todo es cuestión de azar