FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
OBRAS DE MANTEMENTO
Estas actuacións están a consistir na rehabilitación superficial do firme destas vías mediante o seu fresado e reposición, así como en pintar a sinalización horizontal.
Ámbalas obras foron longamente demandadas polo alcalde do Concello de Castrelo do Val, Vicente Gómez, quen xa hai dous anos esixíralle á Xunta que arranxase estas estradas debido á falta de mantemento das mesmas, xa que na súa opinión o seu estado supoñía un perigo para os conductores.
Finalmente, o goberno autonómico adxudicou este mesmo ano, por un importe de 1.055.626 euros, as obras de mellora destes dous viais á empresa Extraco, xuntamente con intervencións nas estradas OU-316 y OU-311.
O mandatario socialista amósase “satisfeito con estas actuacións, porque pensamos que daquela as obras de Adif non estiveran á altura, algo que está a ser solucionado con estes arranxos. A OU-113 e máis a OU-114 vertebran o noso concello, e pensamos que así é como merecemos ter estes viais”.
A OU-113, que une Vilar de Barrio con Verín, atravesa os núcleos de poboación de Castrelo e de Nocedo do Val. Por outra banda, a OU-114 conecta Campobecerros con Caldeliñas, en Verín, atravesando os núcleos de Vilar e Fontefría, situados na parroquia de Servoi, ademais de Gondulfes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
"FUTURO VERDE ALTO TÁMEGA"
Los 10 concellos de Monterrei y Conso-Frieiras comienzan a gestionar los fondos Feder
Lo último
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
O mundo ten alzheimer?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Moitos non teñen avoa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo