Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
TÍA MANUELA
A Xunta de Estremadura, a través dun decreto publicado en xaneiro deste ano, concede axudas económicas para contratar aos avós que coiden dos seus netos. A nova apareceu publicada nos diarios e a moitos lectores sorprendeunos. As avoas e tamén os avós eran (e son) coidadores sen salario. Labor que realizan a diario, con orgullo e con gusto, con moito gusto e todo o cariño seu arrimado ao cariño dos pais e das nais, obrigados a buscar métodos de conciliación da vida familiar coa profesional.
Segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística, en Galicia hai ao redor de duascentas mil persoas con menos de dez anos. E avós, cantos avós poderán coidar a diario dos seus netos? Din que os meniños alumean o mundo dos avós e poida que sexa certo. As súas almas compenétranse e unhas marcan pegadas nas outras.
Entre avós e netos hai unha distancia grade en idade, pero enorme e cálida proximidade que aumenta paulatinamente e converte aos maiores nun refuxio no que se abrigan os netos e onde aprenden a coñecer a vida e onde medran as raíces, as ensinanzas e os coñecementos que, sen présas, atravesan o parecer e pensar de varias xeracións.
Moitos escritores, artistas, pensadores, xente de negocios, pobres e ricos recordan aos seus avós. Vén á memoria o que dicía Saramago do seu, “o home máis sabio que coñecín en toda a miña vida non sabía ler nin escribir”. Pero era o avó, honrado e traballador. Un home que vivía coa avoa e alimentábanse os dous “da fertilidade de media ducia de porcas” que tiñan.
Os avós son como os recordos, no falar de Joaquín Sabina, “sempre volven”. Gabriel García Márquez tiña no seu avó un verdadeiro referente. Segundo contan os relatos histórico-literarios, Nicolas Márquez “foi a persoa fundamental na infancia do escritor”, contáballe historias e ensináballe o mundo que había ao arredor, as plantacións de plataneiros, os vivos e feridos que deixara a guerra, a pobreza, a desesperación e a morte inxusta dos paisanos.
Rousseau, o precursor do romanticismo, refírese nos seus textos á importancia da transmisión de valores dunha xeración a outra. Ortega e Gasset tamén alude á súa infancia e a influencia dos maiores na súa personalidade, igual que Octavio Paz que lembra ao avó nos seus versos. Aquí, pola contra, como di a Tía Manuela, “moitos non teñen avoa”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
El Gobierno retrocede y trocea
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
O mundo ten alzheimer?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Moitos non teñen avoa
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de febrero
PARA RESCATE Y EVACUACIÓN
La UME despliega 250 militares y 90 vehículos especializados en Huelva, Cádiz y Granada ante el temporal