GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
PLENO DO VENRES
Os grupos municipais do PP e o PSdeG-PSOE levarán ao pleno do mes de xuño unha moción conxunta para instar ao goberno municipal a executar “de maneira urxente” as obras de acondicionamento necesarias no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) e adoptar o compromiso de manter a súa sede en dito edificio, sito na rúa do Ensino do barrio do Couto. Esta iniciativa chega despois de coñecer nas xuntas de área do pasado 14 de maio que o goberno municipal ten intención de pechar de maneira inminente e definitiva o CIMM e trasladar ás traballadoras aos despachos do edificio municipal da Praza de San Martiño pola existencia de altos niveis de gas radón.
Populares e socialistas entenden que as obras que hai que acometer no CIMM son unha “escusa” para “desmantelar un servizo máis de atención á cidadanía de Ourense”, sobre todo e cando “son máis os edificios afectados neste momentos por altos niveis de gas radón, por exemplo, o de Urbanismo, para o que non hai un plan de eliminación de gas radón”, aseguran nun comunicado conxunto.
Neste senso, ámbolos grupos salientan que a atención ás usuarias do CIMM precisa “de privacidade e confidencialidade que non terán no emprazamento proposto polo grupo de goberno; todo elo por falta de sensibilidade e vontade política”.
Ademais, sinalan que o novo emprezamento “obriga a fulminar sen alternativa ningunha prevista” outros programas vencellados ao CIMM, caso do plan asistencial para mulleres, na súa maioría vítimas de violencia de xénero, os programas de conciliación Banco do Tempo e Coeduca, o proxecto Convívere ou o programa Nexus. Ante esta situación de “extrema gravidade”, populares e socialistas entenden que é “fundamental facer unha fronte común contra un atentado máis cara á igualdade”. Engaden que o edificio recibiu máis de 600.000 euros de fondos públicos para a súa reforma integral.
Por último, tanto PP como PSOE lamentan que neste caso concreto “o BNG non se quixera sumar á iniciativa conxunta” ante a necesidade desa “fronte común”, que entenden será “unánime” na vindeira sesión plenaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños