MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O Bloque Nacionalista Galego solicitará un acordo no vindeiro pleno provincial para demandar á Confederacións Hidrográfica Miño Sil e á do Douro a colaboración para a financiación ou execución das obras pertinentes encamiñadas a restaurar e reparar os danos nas infraestruturas públicas dos concellos afectados pola riadas. Á primeira tamén se lle pedirá o acondicionamento dos ríos baixo a súa xestión co fin de previr, no posible, futuras riadas, procedendo á limpeza de sedimentos, maleza, e axendado traballos periódicos que eviten a “acumulación descontrolada” destes elementos no cauce dos ríos. Así o anunciaron este xoves o voceiro do Grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, e o deputado no Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, que compareceron nunha rolda de prensa celebrada en Ourense.
Os nacionalistas aseguraron que “as infraestruturas afectadas supoñen millóns de euros en danos” e que, ata o momento, “non se obtivo resposta algunha por parte das administracións” e, a que si se obtivo, tratou “responsabilizar aos concellos”. O BNG pedirá incluir no mesmo acordo instar a todas as administracións supramunicipais “a que boten unha man e poñan fondos para a recuperación dunhas infraestruturas que son absolutamente necesarias nos concellos”. Neste senso, o voceiro provincial do BNG requerirá a colaboración das adminstracións estatal, galega e provincial a través de apoio financiero aos municipios, abrindo liñas de axudas para os concellos afectados e complementarios aos que poidan prestar entre as diferentes adminstracións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último