GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
COMUNIDADE E FOLCLORE
O vindeiro 19 de xaneiro, domingo, Castro Caldelas será escenario dunha das súas tradicións máis senlleiras: a Festa dos Fachós, unha celebración que mestura devoción, folclore e comunidade. A partir das 19:15 horas, entre o lusco e fusco, dará comezo a procesión encabezada por unha figura de San Sebastián feita de palla, e o Gran Fachón de máis de 30 metros, seguidos dos máis de 500 fachós individuais que o Concello poñerá a disposición dos participantes.
A comitiva percorrerá o casco histórico da vila, rodeando o castelo e culminando no santuario dos Remedios, onde os restos dos fachós se depositarán nunha gran fogueira. Ao redor desta, os asistentes bailarán gozando dunha noite chea de tradición. Os chourizos asados e o viño tampouco faltan nesta celebración.
A Festa dos Fachós non só reúne aos veciños e veciñas, senón que atrae visitantes que desexan experimentar a maxia desta procesión, que combina o lume, a música tradicional e a forza dos veciños que manteñen vivo o espírito dunha tradición centenaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños