SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
CAMPUS AUGA
O campus de Ourense retomou a súa actividade onte coa celebración da primeira sesión do Consello do Campus de 2025, no cal o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, avanzou que a licitación do novo edificio de Aeronáutica farase a finais de xaneiro ou principios de febreiro, e cun prezo dous millóns superior á anterior ocasión, para evitar que o concurso volva quedar deserto.
A sesión arrancou cun informe de Manuel Reigosa no que fixo un repaso dos principais temas de interese da institución académica desde a última xuntanza do Consello de Campus de Ourense. Entre eles, destacou a citada licitación para a construción dun novo edificio no campus de Ourense, o destinado á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
A primeira licitación realizada pola UVigo, cun custo total con IVE previsto de arredor de 8,3 millóns de euros, quedou deserta o pasado ano. Agora, sinalou o reitor, “estamos rematando as solucións para licitalo, cun custo máis axustado, a finais deste mes de xaneiro ou febreiro, de xeito que se poida executar a obra este ano”.
A nova licitación agárdase que ascenda a arredor de 10,3 millóns de euros, procedentes nun 60% do convenio de novas infraestruturas da Xunta de Galicia e nun 40% de fondos propios da UVigo que xa están reflectidos nos orzamentos deste ano.
“Contamos e desexamos que a licitación estea resolta o antes posible”, subliñou Reigosa. A creación deste novo edificio, dixo, é unha necesidade non só para as titulacións de Aeronáutica senón para “o conxunto do campus, para a súa reordenación pensando nun futuro que cremos que será moi positivo tendo en conta os datos de matrícula, que están por riba do cen por cen”. Tendo en conta a creación da futura Facultade de Enfermaría, que, apuntou o reitor, “terá unha importante posición no campus de Ourense”, e a posta en marcha de novas titulacións ao abeiro do Campus Auga, “hai que traballar para que no futuro teñamos en canto ao edificios unha situación que nos permita acoller co máximo grao de calidade todas as titulacións”.
Outro dos temas protagonistas foi o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos e agroalimentarios acreditado como campus de especialización por parte da Xunta de Galicia o pasado ano. Manuel Reigosa puxo en valor “o exitoso desenvolvemento da primeira anualidade de implantación da acreditación”, a de 2024, e “o nivel altísimo de execución do orzamento a pesar do pouco tempo para facelo”, agradecendo “a xenerosidade e o esforzo de moitos membros do campus” que permitiron chegar a esta acreditación e ao arranque da súa execución.
A acreditación do Campus Auga, subliñou, “supón un beneficio enorme para o campus no seu conxunto e xa se empezan a notar os seus efectos positivos nel”.
Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus, explicou no seu informe esta dotación do Campus Auga por parte da Xunta tras a súa acreditación. O financiamento acadado, lembrou, ascende a 3,2 millóns de euros para o período 2024-2027, correspondendo 428.450 á anualidade de 2024 da que agora se fixo balance.
Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, ofreceu unha panorámica da investigación e a transferencia nos últimos anos na institución académica na que puxo en valor a súa evolución positiva. “A UVigo está moi ben en investigación. Melloramos moitísimo nos últimos anos en temas como a colaboración internacional, en publicacións e en porcentaxes de publicacións no 10% máis citadas”, afirmou.
Pondo en cifras esta valoración, a responsable académica citou a posición da UVigo en diferentes ránkings e datos de 2024 como 6,8 millóns de importe en actividades de I+D, máis de 2 millóns acadados en proxectos de transferencia ou 26 proxectos de investigación internacionais captados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 1 de febrero
Lo último
MÁXIMA PRECAUCIÓN
Galería | Las lluvias anegan los campos de A Limia y arruinan el cereal
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”
Ante el silencio del ministerio
El PP pide saber hasta cuándo durarán los límites de velocidad en el AVE
REINVENCIÓN DE LAS ESTACIONES DE SERVICIO
Las gasolineras amplían su oferta de servicios en el rural de Ourense