Esgos, único produtor de mexillón ecolóxico da provincia

A conserveira “Sabores del Camino” elabora doce receitas para cada un dos doce camiños de peregrinación a Santiago, tendo o mexillón ecolóxico como ingrediente principal das elaboracións.

Publicado: 14 oct 2021 - 04:31 Actualizado: 14 oct 2021 - 23:04

Envases de mexillón producidos na fábrica de Esgos.
Envases de mexillón producidos na fábrica de Esgos.

Doce receitas para doce camiños. Esta é a iniciativa da empresa “Sabores del camino”, unha pequena conserveira que fai do mexillón ecolóxico a súa materia prima principal e que ten toda a súa produción ubicada nunha pequena fábrica do Concello de Esgos. Deste xeito, é a única empresa das máis de cincuenta produtoras adscritas á Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia situada en Ourense, e por consecuencia, a única nunha provincia que non ten mar.

Ademais, esta iniciativa tamén está dentro do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, xa que todos os seus produtos son obtidos e elaborados de forma ecolóxica e tratando de deixar a mínima pegada de carbono. Así, cada unha das doce receitas que se inspiran nas doce rutas de peregrinación a Santiago de Compostela teñen selo ecolóxico e integran un ingrediente típico de cada ruta, sempre procedentes da agricultura, gandaría e acuicultura ecolóxica. A concienciación sobre a sosteñibilidade medioambiental vai máis aló das receitas, xa que os cristais dos envases son reutilizables, a caixa é de cartón reciclado e non empregan plásticos.

O lugar de fabricación, único na D.O.P., tamén ten as súas peculiaridades, xa que, ao ser un proxecto recén nacido, comparte instalación cun produtor local de caracois. A principal vantaxe é a reducción de custos e que ambos negocios se turnan na explotación das instalacións, xa que non é habitual que a temporada de mexillón e a de caracois coincidan no tempo. Actualmente hai catro traballadores contratados e, dende “Sabores del Camino”, aseguran estar “encantados” coa colaboración con este empresario local.

Apúntate a nuestra newsletter

La Región redobla su apuesta con la actualidad e incrementa su cobertura informativa con sus nuevas newsletters. Lo único que tienes que hacer para recibirlas es suscribirte aquí de forma gratuita. Los lectores podrán recibir cada día a primera hora de la mañana una selección con los titulares de la jornada. Asimismo, cada noche podrán conocer las claves que nos deja la jornada en la provincia con el boletín nocturno.

Los apasionados al deporte también tienen espacio con la newsletter deportiva. Cada viernes, la sección de Deportes de La Región selecciona las citas imprescindibles del fin de semana en Ourense. Los miércoles, turno para el boletín del Xornal Escolar, donde se detallan toda la actualidad de los colegios de la provincia, la agenda de actividades o las opiniones de expertos.

Contenido patrocinado

stats