EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Crisis del coronavirus
“Tres cousas hai en Ourense que agora catro son: a Ponte, o Cristo, as Burgas, e o Gaiteiro co seu son”
Día histórico para Ourense o 30 de xuño de 2020. Nesta data comezou unha tradición que ten como nobre obxectivo permanecer viva durante séculos. O “Gaiteiro da Catedral”, o símbolo da Ourensanía que une música, tradición e
solidariedade, nace como homenaxe ás vítimas do coronavirus, ás súas familias, e ao persoal esencial, que tanto sacrificio deu nos duros meses da pandemia.
Bieito Romero, o líder do grupo Luar Na Lubre, tivo a honra de ser o primeiro gaiteiro en interpretar o Himno oficial da provincia de Ourense. Foi desde a torre da catedral. Porque niso consiste a homenaxe: en subires un gaiteiro ata o punto máis alto do noso Ourense histórico -a catedral de San Martiño- e desde alí lanzar ao mundo esta melodía de concordia e agradecemento.
Acontecerá os 365 días do ano, ás 11.30 horas, un momento que simboliza o día 11 de marzo de 2020, data na que a Organización Mundial da Saúde declarou oficialmente a pandemia.
O “Gaiteiro da Catedral” convértese, así, en referente permanente a partires desta data, na que a provincia honra a solidariedade demostrada en todos os confíns da Terra, inmellorable exemplo de fraternidade entre os seres humanos.
É a primeira homenaxe mundial permanente pola crise do covid-19. E faise desde a terra máis internacional: Ourense, un territorio que xa no século V foi capital do primeiro reino de Occidente; unha provincia sen mar pero na que os seus habitantes chegan a todos os mares do mundo co seu espírito traballador, creativo e emigrante; valentía e ilusión que deixan unha pegada perenne no sentimento colectivo. Un pobo, o ourensán, que ten nos seus devanceiros un exemplo de esforzo, cooperación e desenvolvemento; o que nos enche de orgullo.
En lembranza, pois, do que fixeron e seguirán facendo tantas persoas por salvar vidas fronte ao covid-19; honrando aos que nos deixaron durante a pandemia, e en homenaxe ás persoas que ao longo dos séculos continuarán coa súa labor solidaria en favor dos demais, desde esta terra, soará cada día a obra de Manuel de Dios, Ourense no solpor.
O virtuosismo do “Gaiteiro da Catedral” -ese personaxe que ataviado coa capa que simboliza ao noso patrón, San Martiño, e que representa a personificación da Historia e da Cultura de Ourense- permitiranos gozar dunha melodía que encherá o Casco Vello e o alén da música máis fermosa que poidamos escoitar, pois sae dun fondo sentimento de pertenza a unha terra, a unha fala, e a unha razón de sermos, que non e outra que a de seguir facendo, cada día desde Ourense, un mundo mellor.
Mil veráns máis para o “Gaiteiro da Catedral” e para todas as xentes de ben que interpretan a música da solidariedade. Que así sexa por sempre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)