MECANISMO FINANCIERO
Nueve concellos ourensanos acuden al fondo estatal de pago a proveedores
En poucas semanas arranca un novo curso para a Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT) e o seu presidente, Gonzalo Abelairas, anima á poboación a darlle unha oportunidade á música tradicional. Non existe límite de idade para anotarse ás clases, nin é preciso contar con coñecementos previos: o único requisito é estar disposto a aprender e a desfrutar do folclore. A matrícula está aberta actualmente para os alumnos do pasado curso, e o 4 de setembro, para os novos estudantes.
Que instrumentos se ensinan a tocar na asociación?
Temos clases de pandeireta, gaita, percusión, acordeón e frauta, ademais de canto.
Teñen algunha modalidade nova?
Si, por primeira vez daremos clases de iniciación á zanfona. Ademais, queremos retomar as aulas de baile, que xa tiveramos noutros cursos. Estas son as propostas novas para o curso.
Tedes presencia en toda a provincia?
A sede da asociación está na cidade, que é onde temos as clases. Pero os profesores somos autónomos e tamén ensinamos noutras zonas da provincia como Baños de Molgas, Allariz, Laza… Eu tamén me encargo dun curso de extensión universitaria sobre música tradicional.
Levan 26 anos en activo, hai relevo xeracional?
Depende do sitio. Na cidade, onde temos a sede da asociación, é máis complicado. Case todos os nosos alumnos son maiores de idade, moitos deles, maiores de 50 anos. Noutras zonas da provincia, onde tamén damos clases os profesores, si que hai máis rapaces. En Baños de Molgas, por exemplo, hai moita xente nova. Pero na cidade… custa.
Está pouco visibilizada a nosa música entre as novas xeracións?
Si, e tamén é que os rapaces novos fan xa moitas actividades, que se fútbol, karate, outros deportes… entón como que non ven a música tradicional como unha actividade máis que poden facer no seu tempo libre.
Entre os alumnos maiores, saben tocar de antes de comezar as clases?
Hai de todo. Por unha banda, temos moita xente maior que empeza de cero, sen coñecementos previos. Por exemplo, teño un alumno que empezou a tocar a gaita aos 70 anos, quería facelo e nunca antes puidera. E logo hai outra xente que xa tocaba ou bailaba pero que, nalgún momento da vida o deixara e agora, con máis idade, queren volvelo retomar.
É dificil dar o paso…
Si claro, pero unha vez que o dan descobren un mundo moi bonito, coñecen as foliadas, os seráns, pásano ben, socializan co resto da xente… Eu animo á xente a apuntarse, a dar ese primeiro paso, que custa, pero merece moito a pena.
Hai quen di que a música tradicional está morta.
Si, pero non é certo, está máis viva que nunca. É certo que falta o apoio das institucións, que deberían achegarlle o noso á xente, e tamén decatarse de que a nosa música é un reclamo turístico moi bo. Fáltanos ese apoio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MECANISMO FINANCIERO
Nueve concellos ourensanos acuden al fondo estatal de pago a proveedores
PARRILLADA, CAFETERÍA Y ALOJAMIENTO
Hotel Termas Camino Real, reabre este clásico de Untes de la mano del colombiano Pedro Antonio López
IMPAGOS EN EL ALQUILER
La morosidad en el alquiler en Ourense llega a 4.200 euros de media
Lo último
ESPACIO COMPARTIDO
El parque infantil de Boborás tendrá cubierta
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Tiempo de Semana Verde en Galicia
La Región
Maltrato á enfermaría no quirófano de Verín
La Región
La hoguera y otras suertes