PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
É unha honra para min escribir estas liñas nunha xornada tan sinalada e a escasos días da miña toma de posesión como novo presidente da Deputación de Ourense.
Hoxe celebramos o día grande de todas as galegas e de todos os galegos, esteamos onde esteamos, na proximidade do fogar, en calquera dos marabillosos recunchos da nosa Galicia, noutro punto da xeografía española ou máis aló da península, onde é seguro sempre atoparemos a un dos nosos.
Hoxe é 25 de xullo. O Día de Galicia. A festividade de Santiago Apóstolo, patrón de España. O Día da Patria Galega, celebración que xa alcanzou o seu centenario, pois as súas orixes datan de 1919.
Pero este espazo que me brindan hoxe non é para facer historia de todos coñecida. Seguro que nesta xornada non faltarán por todas as partes referencias aos nosos grandes da intelectualidade, a literatura, a poesía ou mesmo a ciencia. Recoñecementos a homes e mulleres que contribuíron a engrandecer os movementos culturais, sociais e políticos e a escribir con orgullo a nosa historia.
A Galicia de Ourense tamén nos fala de persoas anónimas, esforzadas e traballadoras que coa súa iniciativa se afánan por seguir situándonos no camiño do progreso
Hoxe desexo falar doutra Galicia; desa que se chama Ourense, como tamén hai unha con nome da Coruña, de Pontevedra ou de Lugo. A Galicia de Ourense fálanos dun territorio que desde o pasado fixo importantísimas achegas ao progreso deste país a través de inmensos intelectuais. Pero tamén nos fala de persoas anónimas, esforzadas e traballadoras que coa súa iniciativa afánanse por seguir situándonos no camiño do progreso, para que este país de bos e xenerosos sexa tamén unha terra de oportunidades e de talento.
Día a día son centos as ourensás e os ourensáns que deixaron de ser espectadores para converterse en protagonistas do progreso; para axudar a que Galicia sexa a comunidade de vangarda que é hoxe; un territorio diferente e atractivo ao visitante, cada vez máis numeroso; con personalidade e estilo propio; chea de camiños cun único destino: Santiago de Compostela.
Camiños que cruzan Galicia e cuxo impacto quizá poida medirse en termos económicos, pero dificilmente serán medibles desde a perspectiva máis persoal, con toda a bagaxe de vivencias e a experiencia de gozar da nosa recoñecida hospitalidade.
Aí tamén está esa Galicia que se chama Ourense, coa Vía da Prata atravesando a terceira parte dos municipios da provincia. Ou o camiño Miñoto-Ribeiro, como un dos roteiros máis antigos do Camiño de Santiago e que conecta o norte de Portugal con Compostela.
Ourense é camiño; para conectarnos máis e mellor; para vivir experiencias auténticas
Unha senda que entra en territorio ourensán por Lobios e sae cara á capital de Galicia por Beariz, mentres agarda a súa oficialidade como vía de peregrinación, despois de que a Iglesia a recoñecese como roteiro xacobeo en 2020.
Ourense -a Galicia interior do sur, a Atenas de Galicia ou a Capital Termal de Galicia- recibe e despide viaxeiros, insisto cada vez en maior número, que hoxe tamén chegan e marchan por un novo roteiro, neste caso máis veloz, e que nos sitúa a pouco máis de dúas horas da capitalidade de España.
Ourense é camiño; para conectarnos máis e mellor; para vivir experiencias auténticas; para recoñecer ao talento que nos debe guiar cara ao progreso. Para reivindicarnos sempre como inconformistas na procura de máis e mellores oportunidades; para que esta ruta tamén sexa de volta e non só de ida.
Hai unha Galicia que se chama Ourense e a cuxo progreso quero contribuír co meu esforzo, pero tamén coa vosa axuda.
Feliz Día de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense