Segundo Fernández: "Entendemos que o alumno é o gran protagonista da súa aprendizaxe"

Entrevista

Segundo Fernández Movilla é o rector do Seminario Menor de Ourense e analiza cómo avanzou a educación no centro

Publicado: 05 abr 2023 - 04:00 Actualizado: 05 abr 2023 - 07:35

Segundo Fernández
Segundo Fernández

Hai uns 90 anos que o Seminario Menor comenzaba a funcionar como centro educativo. O seu rector, Segundo Fernández Movilla, ocupa o cargo desde 2017 e explica como abordan a eduación na actualidade.

Como evoluciona o seminario?

Fixemos unha aposta moi forte pola innovación educativa da man do sistema EVI, que naceu nun colexio de Madrid, e centra a educación na personalización. Pero non é unha individualización de enseñanza, senón que é un verdadeiro encontro significativo entre alumno e profesor dende o acompañamento para adquirir competencias cara o seu futuro.

Como foi a implantación do novo sistema? Como se adaptaron os rapaces?

A verdade é que foi moi ben. Un momento moi ilusionante para toda a comunidade educativa. Non só para os rapaces, tamén sobre todo para claustro de profesores, porque foi un proceso de transformación que durou tres anos, nos que formamos ao equipo humano, o equipo docente para que entendese a educación doutro xeito.

Cantas persoas conforman o equipo docente?

Neste momento somos 24 profesores que formamos a comunidade educativa e cerca de 90 alumnos.

Que ciclos estudan?

Temos os cursos correspondentes á ESO e Bacharelato.

Cando deciden se teñen vocación os alumnos?

Temos moi claro que no ámbito educativo, desde edades temperás, é necesario un proceso de orientación vocacional. Non só relixiosa, senón de sentido da vida porque sabemos que cando un alumno o descobre, súa motivación aumenta e aínda que lle costen máis os estudos sabe que hai unha meta. No seminario iníciase dende primeiro da ESO e acompáñase ata Bacharelato. Sempre respetando a libertade do alumno. Non é necesario que un alumno en primeiro de ESO queira ser sacerdote para estudar no Seminario.

Que instalacións atópanse ao servicio dos rapaces?

Todo está posto á súa disposición, ao final os protagonistas son eles. Entendemos a educación como o alumno protagonista da súa aprendizaxe.

En que ramas académicas se especializa o seminario?

Temos dúas ramas, ciencias e letra, o que é humanidades, 50/50.

Como se adaptou o seminario á pandemia?

Cadrou nun momento en que terminabamos de implementar o sistema e a telemática forma parte do noso día a día. As clases adaptáronse, comezamos a ter o mesmo horario telemáticamente a través de Google Educación e os alumnos continuaban a facer o seu traballo.

De que xeito marca a diferenza o sistema educativo respecto doutros centros?

O Seminario Menor entendémolo como un tempo. Un espazo de crecemento, un tempo de medrar. Facémolo a través de tres proxectos: o académico; o pastoral, que é o que acompaña ao alumno no seu proceso persoal, en coñecerse a si mesmo, as súas habilidades; e finalmente, o proxecto de orientación vocacional, unha vez que eu sei quen son, miro as oportunidades que teño arredor e trato de decidir cal é o meu camiño.

As familias implícanse?

Si. O noso sistema concibe a autonomía do alumno, que eles se sintan capaces e libres de decidir, e que saiban aceptar as consecuencias das súas decisións. O papel da familiaé fundamental porque é normal que ás veces se sintan perdidos. Queremos que as familias se sintan acollidas, falamos con elas, das súas necesidades e dialogamos de mútuo acordo se o centro se adapta a eles con total sinceridade. A verdade é que está a haber moi boa sintonía.

Contenido patrocinado

stats