SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Campus de Ourense
O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, informou onte sobre o procedemento para a construción do novo edificio de Aeroespacial. “Estamos agora mesmo facendo algunhas modificacións e preparando o prego para que se comece a construír o antes posible”, sinalou a este respecto. Reigosa presidiu a sesión ordinaria do Consello do Campus de Ourense, que tivo como protagonista o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado o pasado mes por parte da Xunta. Na sesión, os membros deste órgano coñeceron as liñas xerais da folla de ruta para o seu desenvolvemento este ano.
O vicerreitor do campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez, expuxo en liñas xerais as actuacións previstas en gobernanza, docencia, investigación e transferencia e innovación que recolle a acreditación do Campus Auga. Así, no eido da gobernanza enumerou aspectos como fortalecer a estrutura de goberno e en docencia a posta en marcha dos coñecidos como dobres graos, citando, entre outros, os de Enxeñaría Agraria-Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Enxeñaría Agraria-Ciencias Ambientais. No eido da investigación, Francisco Javier Rodríguez comentou medidas que se contemplan como o fortalecemento das infraestruturas e en transferencia e innovación a elaboración dunha carteira de servizos.
O vicerreitor lembrou que as liñas de especialización do Campus Auga céntranse na xestión da auga termal; na agricultura e medio ambiente; na alimentación funcional e en áreas de soporte (como son a intelixencia artificial, economía circular e lexislación). Igualmente fixo un repaso polas titulacións de grao, mestrado e doutoramento e polos grupos de investigación e o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación que xa sustentan na actualidade estas liñas.
Por último, neste Consello de Campus tamén interveu Susana Reboreda, vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo, para explicar as accións que está a desenvolver a Área de Normalización Lingüística, en concreto sobre a campaña de fomento do galego entre o alumnado que está realizando este curso académico baixo o lema “Galego de Tranquis”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 1 de febrero
Lo último
MÁXIMA PRECAUCIÓN
Galería | Las lluvias anegan los campos de A Limia y arruinan el cereal
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”
Ante el silencio del ministerio
El PP pide saber hasta cuándo durarán los límites de velocidad en el AVE