ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
SÁBADO 30
Unha serie de 12 andainas ao longo dos vindeiros seis meses darán a coñecer o patrimonio natural e histórico do xeodestino Verín-Monterrei, que forman os concellos da Mancomunidade e máis O Riós, A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso e Viana do Bolo.
Como primeiro roteiro, Cualedro recupera este sábado 20 a “Ruta dos Castros”, unha andaina circular de 16 quilómetros e dificultade media-baixa, con saída dende o aparcamento do Castro da Saceda ás 9,00 horas. O percorrido combinará patrimonio arqueolóxico, paisaxe aberta e elementos da arquitectura popular, pasando por A Cidá da Saceda, que é Ben de Interese Cultural dende 2011, o Castro de San Millao, o Forno, os muíños do río Pichos e a Pontella. Ao remate da ruta ofreceranse pinchos aos participantes.
O 20 de xuño será o turno de Vilariño de Conso; o 28 de xuño, Laza; o 19 de xullo, Oímbra; o 1 de agosto, Viana do Bolo; o 8 de agosto, A Gudiña; o 14 de agosto, Vilardevós; o 6 de setembro, O Riós; o 12 de setembro, A Mezquita; o 13 de setembro, Castrelo do Val; o 20 de setembro, Verín, e o 4 de outubro, Monterrei.
Esta actuación desenvólvese ao abeiro do convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade, reforzando a cooperación intermunicipal como ferramenta estratéxica para a creación dunha oferta turística sostible e desestacionalizada.
As andainas son de balde pero requiren inscrición previa na web de Celtia Travel ou nos teléfonos 635 482 477 e 629 858 134, nos que se pode obter máis información.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona resulta herida en Cualedro tras sufrir un atropello
ACCIDENTE LABORAL
Dos heridos graves tras ser atropellados por una máquina en Cualedro
XORNADA TRANSFRONTEIRIZA
O futuro dos pastos e do rural, a análise entre Cualedro e Montalegre
CONCELLEIROS DO FUTURO
Os pequenos de Cualedro toman a palabra no seu primeiro pleno
Lo último