Fernando Dacosta en Ourense: "Hai unha mirada crítica respecto ó racismo e a xenofobia"
ENTREVISTA COMPLETA
O artista dramático ourensán Fernando Dacosta, quen coordina a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), concedeu unha entrevista ao xornal La Región. As temáticas que abordou gardan unha relación estreita con propostas estéticas de gran valor social e educativo.
Fernando Dacosta (Ourense, 1969) É un actor dramático de gran versatilidade. É coordinador da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) fai 31 anos. A súa grande experiencia sitúao como un observador privilexiado do teatro ourensán e galego.
Pregunta. Que veremos nesta MITEU 2026?
Respuesta. Vai haber vinte espectáculos e, ademais, moi variado, tanto na súa forma como na súa temática. Vai haber danza, vai haber música e vai haber sobre todo moito teatro. E dentro do teatro, aínda que o núcleo da mostra é o teatro universitario, sempre procuramos traer tanto compañías invitadas como grupos profesionais á MITEU.
P. Falemos dos invitados de fora
R. Vai estar unha compañía de Portugal, e despois como países invitados Perú, Arxentina e Palestina, que vén por medio de Teatro del Barrio. Contamos coa presencia especial dun refuxiado cisxordano que compartirá a súa realidade, o que están vivindo alí e como a pesar de todo o horror seguen tendo esperanza. Este ano contaremos coa presencia de Marta Doviro e Paula Carballeira, ambas mulleres moi comprometidas co teatro, no novo espazo “Elas contan”.
P. Que preocupacións éticas trae esta nova mostra de teatro?
R. Hai unha mirada crítica respecto ó racismo e a xenofobia, aos fascismos, e totalitarismos en xeral, e tamén polo auxe do racismo e a xenofobia. O feminismo está tamén no centro do debate porque vai contra o heteropatriarcado e o ultracapitalismo e e dicir, contra calquer poder opresor.
P. Cal é o segredo para manter por 31 anos esta iniciativa?
R. Persistir, chamar ás portas e volver a dicir: “Estamos aquí, se isto interesa pois necesitamos as axudas das administracións”. Hai veces que dis: “Caramba, seremos capaces de continuar?” Pero entón é cando recordas outra vez esas caras de espectadoras e espectadores, de todas esas persoas coas que temos un compromiso.
P. Se vostede tivera que quedarse cun Fernando do pasado, ¿cal elixiría?
R. Co Fernando ao que non lle doía o corpo. Eu agora cando acabo unha función, como xa son maior, dóeme as articulacións, dóeme as costas, teño dores por distintas partes do corpo e ademais necesito coidarme, necesito pensar moi ben o que como antes da representación. Antes non me facía falta iso. Quizais iso pode que o bote un pouco de menos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"A CHUVIA ETERNA"
Alfredo Conde, Premio Ángeles Terrazo de Novela
¡BUONE VISIONI!
Carrie
LITERATURA
De la dignidad que merecemos
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga