XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
MÚSICA E GASTRONOMÍA
O Concello do Riós xa ten todo listo para a celebración do seu Entroido este sabado, 14 de febreiro, coincidindo co día de San Valentín. O programa da celebración volve poñer no centro da festa a tradición, a música e a gastronomía, contando de novo co protagonismo indiscutible do seu traxe e máscara tradicionais: os coloridos Vellarróns.
A xornada festiva arrancará ás 11,00 horas co percorrido que unirá os núcleos do Riós e Marcelín. Neste pasarrúas, os Vellarróns estarán acompañados pola música da Banda de Gaitas do Riós. Á chegada a Marcelín, arredor das 12,00 horas, os asistentes poderán gozar dun pincho e un animado baile para coller forzas.
Xa de volta no Riós, a partir do mediodía, terá lugar o desfile central. O certame contará con premios para o mellor disfrace individual e para o mellor colectivo, así como agasallos para toda a cativada participante.
Ao remate do desfile, celebrarase un magosto popular na Praza do Concello, onde os veciños e visitantes poderán degustar castañas e chourizos.
O programa complétase pola tarde. Dende as 19,00 horas, Marcelín albergará a festa final, que estará amenizada con música e na que se servirá o tradicional pincho de orella. O Concello anima a veciños e visitantes a prepararse para gozar deste “Entroido auténtico, dos que se lembran e dos que se viven xuntos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
COLISIÓN CON UN TAXI
Muere a los 34 años el promotor musical Guim Cifré en un accidente de tráfico
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI