FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
MÁSCARA TRADICIONAL
A parroquia da Xironda, no concello de Cualedro, xa conta os días para que as mázcaras do seu Entroido tomen as rúas un ano máis, nunha festa de gran unión e orgullo para a veciñanza local. O primeiro día no que estas coloridas figuras e o seu sorriso se deixarán ver será o Domingo de Corredoiro, o 8 de febreiro.
O sábado da seguinte semana, día 14, os veciños xuntaranse ás 16,00 horas para ir buscar leña e crear xuntos o “Entroido”, esa gran figura de palla con atributos masculinos ben vi símbolo da festa. Tódolos asistentes poderán desfrutar dunha cea a posteriori, e despois procederase á colga do Entroido na Picota.
As mázcaras volverán saír o domingo 15, cando se xuntarán á saída da misa, dende as 12,00 horas. Pola tarde, a festa estará amenizada polo Grupo Vaivén, e pola noite, a sesión correrá a cargo de DJ Dario. Haberá unha cea da organización, á que se poderán apuntar os de fóra mercando tiques no bar da comisión.
O Entroido continúa o luns 16, de novo cunha xornada festiva con sesión de tarde e noite con DJ, seguida da tradicional cea popular para coller folgos.
Finalmente o derradeiro día é o martes 17, no que haberá festa rachada coa charanga Vakapinta pola tarde e DJ Dario Pereira á noite. Trala cea popular, ás 00,00, terá lugar a subasta e queima do “Entroido”, que porá fin ao Entroido da Xironda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último