XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
INTERCAMBIO CULTURAL
Un grupo de Bonitas de Sande co Oso, a Vaca, o Chamán e música tradicional cunhas avutardas foron os representantes de Ourense no Festival de Surva, en Bulgaria, a fin de semana pasada. O entroido desta parroquia de Cartelle non só foi o representante oficial de España, senón tamén a primeira máscara da provincia en participar no evento, onde exhibiron as súa características, historia e tradición, o que supón un fito para a asociación cultural “Entroido As Bonitas” que amosou que “a forza do Entroido pode chegar moi lonxe”.
O festival, que se celebra cada ano a finais de xaneiro na cidade de Pernik, moi preto da capital Sofía, foi declarado no 2015 Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.
Antonio Sousa, un dos participantes, asegura que están agradecidos polo convite e polo “impresionante espectáculo de inauguración, así como as máscaras que descubrimos, e que dan conta da fonda pegada que o Entroido ten en todo o mundo”. O primeiro desfile ao que foron convidados foi “no país veciño, en Viana do Castelo, e de aí comenzaron a xurdir convites a diferentes puntos: Lisboa, Xixón, Zamora, Mogadouro…”
Dende a asociación cultural agradecen “á organización do Festival de Surva, pola coordinación e trato recibido, que nos deixa con ganas de volver”, así como o apoio “do Inorde e da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta para poder levar a cabo esta viaxe”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
TEMPORAL EN EL MEDITERRÁNEO
Vídeos | Las intensas tormentas golpean Valencia y Cataluña y dejan un rastro de inundaciones y destrozos
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Alguna vez fuimos como ellos
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
30 grados al cuello