FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
ENTROIDO
O Entroido continúa en Manzaneda e este luns foi a quenda dos máis pequenos coa tradicional ronda dos gusanitos, unha cita na que os cativos se converten nos auténticos protagonistas da festa.
Pasaban das seis da tarde cando nenos e nenas se xuntaban na praza situada xunto á farmacia para dar comezo ao seu percorrido pola vila. Acompañados por pais, nais, familiares e veciños, iniciaron a súa particular ronda do fulión, enchendo as rúas de ilusión e son festivo.
Durante a tarde achegáronse ata as casas do poblado, ata o Seoane e tamén visitaron a residencia de maiores, compartindo a celebración cos usuarios do centro. Ano tras ano medra a participación nesta xornada pensada para a canteira do Entroido, con cada vez máis cativos desexando bailar e converterse en mázcaras, as grandes protagonistas desta tradición no Concello de Manzaneda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último