30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
ENTROIDO
É o segundo ano consecutivo no que no Entroido rural da Seara de Montes (Cartelle) volven aparecer as súas figuras tradicionais: a Damiña Branca e o Vimbieiro, recuperadas o ano pasado pola Asociación Rural A Pedra da Seara. Os dous personaxes comezaron a súa saída ás 12 da mañá desde a escola, elas facendo falcatruadas e eles protexéndoas dos visitantes.
Pero a súa saída foi só o preludio do desfile e a comparsa popular, que tivo algunhas paradas técnicas debido á mala climatoloxía, para protexer os instrumentos da choiva. Púidose facer a actividade sen problema, cun final que marcou o momento de tomar o vermut antes de que os veciños sentasen nas mesas da sede do local social para o xantar popular. Puideron gozar dun menú composto de empanada, lacón asado, sobremesa, auga e viño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último