30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
RELEVO ASEGURADOA
A comarca de Monterrei aproveitou o día solleiro deste xoves para amosar a súa canteira de entroideiros. O traslado do desfile infantil de Cualedro ao xoves fixo que coincidiran na mesma xornada os percorridos de tres concellos, nun festival de música e cor no que cativos e rapaces pediron paso e demostraron que o Entroido tamén é cousa deles, e cada ano máis.
A capital do val do Támega reuniu no seu desfile a unhas 1.400 persoas, entre alumnado, profesorado e Cigarróns. Ademais de tódolos centros da vila, participaron colexios e casas niño das veciñas A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, O Riós, Oímbra, Vilardevós, así como os usuarios do centro ocupacional.
A música das charangas e as carrozas creadas para a ocasión foron marcando o ritmo dun percorrido con moita afluencia que culminou na Praza García Barbón.
Estudantes e docentes do CEIP Vicente Risco compartiron protagonismo cos Zarramoncalleiros e a Mázcara da Xironda que se uniron a este entrañable desfile, no que este ano apostaron por recrear o universo da saga Super Mario.
A gran formiga infantil chegou xusto a tempo ao desfile do colexio O Castiñeiro tras uns arranxos de última hora. Tampouco faltaron o burro de madeira nin a Morena dos cativos, nun roteiro que sintetizou os rituais do ciclo entroideiro lazao e rendeu tributo a tódalas persoas que loitaron contra os lumes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
FUERTE DISCUSIÓN
Muere una mujer apuñalada en Murcia y buscan a un hombre que se fugó
SECTOR TURÍSTICO
Petín ya tiene candidata para la alcaldía por el PP