Maceda vive un dos seus días grandes do Entroido coa baixada da Marela
A tradición, o espectáculo e a emoción mestúranse na baixada da Marela do Entroido de Maceda
Os veciños de Maceda viviron na tarde deste sábado o acontecemento máis esperado do seu ciclo de Entroido. “A baixada da Marela” é un evento que vaise consolidando como unha das citas principais que non deben perderse no Entroido da provincia. A tradición, o espectáculo e a emoción mestúranse neste ritual coas risas e o bo ambiente, e son moitos os que tratan de esquivar a arremetida da vaca de madeira que conducen os veteranos deste Entroido.
Fai máis dunha década, a Asociación Felos das 12 parroquias coñeceu a existencia de dúas vacas de madeira nos pobos de Pías e Baldrei, en Maceda, e decidiuse a recuperar unha tradición que, xunto aos Felos, fai especial e singular este Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESCÁNDALO EN LA ALTA COCINA
René Redzepi dimite del restaurante danés Noma tras denuncias de abusos al personal
PROPIEDAD ESTATAL CONFIRMADA
El Pazo de Meirás no pertenece a los Franco, pero serán indemnizados por su mantenimiento desde 1975