Oímbra abre as súas portas co percorrido polas adegas locais
ENTROIDO
As adegas de Oímbra volveron servir comida e viño no día grande do Entroido de Oímbra
O concello de Oímbra viviu este luns o seu tradicional Luns de Adegas, o día máis concurrido do seu Entroido, no que os veciños realizan pola tarde un percorrido polas adegas da vila, unha cita de gran raigame na comarca e á que acuden moitos habitantes doutros concellos da contorna.
As adegas serviron distintos pinchos de comida que, maridados co viño local, foi animando ata a noite o ambiente desta xornada na que non faltaron disfraces nin a música, da man das charangas Fuego e NBA.
Queima dos fachucos
O Entroido oimbrao arrancou o domingo á tarde, coa elaboración colectiva na praza do núcleo dos fachucos e do Entroido de palla. Unha antiga tradición na que todo o mundo bota unha man, e que tivo como recompensa unha chocolatada con churros.
Os fachucos volverán sacarse á praza esta tarde, a partir das 17,00 horas. Coa música da charanga NBA, haberá cea e queimaranse os fachucos e o Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
Chito Rivas
120 quilómetros sen motores
Víctor González
Pelo Felipe
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 24 de agosto
CRISIS MIGRATORIA
Feijóo pide confinamiento de migrantes enfermos en Ceuta