O día que coñecín a Alonso Montero en Ventosela

HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL

Publicado: 17 feb 2026 - 01:10
Xesús Alonso Montero.
Xesús Alonso Montero.

Non foi unha casualidade que a mi primeira entrevista a Xesús Alonso Montero tivera lugar en Ventosela, Ribadavia, terra dos seus país, nun lonxano día de 1970, no que coincidimos nun acontecimento de campesiños do lugar. Sempre o relembraba nas ocasións en que nos atopábamos. Por pouco non cheguei a telo de profesor no instituto do meu Lugo natal. Pouco poido engadir a todo canto estes días se escribe del, mais alomenos teño a testimuña da relación que sempre sostivemos e o meu respeto e admiración. Marcou de xeito evidente o seu doble compromiso intelectual e político como comunista e galeguista ó longo da súa vida. Mesmo que nacera en Vigo, sempre se considerou ourensán.

Dos diversos espazos onde exerceu o seu maxisterio coido que a pegada máis querida para él estivo marcada en tempos duros na cidade de Lugo, da que eu son natural, mesmo que ourensán de estirpe e sentimento. Mesmo que teño falado dabondo sobre a súa vida, non lle gostaba nada falar das represalias sufridas tantas veces, senon de temas literarios, sobre todo do seu compromiso coa cultura galega e de Curros Enriquez, por quen sentía unha especie de devoción.

O seu compromiso político foi evidente durante toda a súa vida sin alterar os principios nas que se instaló desde a mocedade

Naquela primeira entrevista lembro que me dixo que se soiamente se daban pasos cuantitativos e non cualitativos a lingua galega corria serios perigos. Esa preocupación levou parte da súa longa vida literaria e profesional, que supuxo unha especial responsabilidade cando foi presidente da Real Academia Galega. O seu temprano libro “Informe dramático sobre a língua galega” provocou un debate con deterninadas élites que consideraron pesimista. Mais o que era realista e comprometido. Era preciso un rigoroso tratamento da língua como ferramente cotiá, mais como cadeirádego de lingua entendía precisamente que además de boa vontade, era preciso ordenar unha línguaxe eficiente. Nesa liña se centran os seus traballos sobre os escritores galegos desde Rosalía a Celso Emilio Ferreiro, con que sostivo unha gran amizade. Recordo que, polo que a la literatura española sentía una especial proximidade, sobre todo a Antonio Machado, e tamén Lorca, Unamuno o Vale Inclán. Na obra deste advertía que había máis Galiza do que parecerá.

O seu compromiso político foi evidente durante toda a súa vida sin alterar os principios nas que se instaló desde a mocedade. E famosa a foto no que aparece rodeado de guardias civis coa ocasión do retorno do cadaleito de Castelán, o que quiso achegarse se maneira simbólica cando foi interceptado de xeito desproporcionado no aeroporto de Santiago. Esa foto é todo un símbolo e o segue sendo. Era o ano 1984 e Alonso Montero entendía que o retorno de Castelao merecía outro encuadre e complementos, como o retorno dos seus cadros no exilio, como a famosa estampa “A derradeira lección do meste”.

O se ver, aquela forma de recibir e tratar os restos do autor de “Sempre en Galiza” non era a axeitada naquel contexto da Xunta de Galicia. Entendía que se estaba a facer unha manipulación da súa obra e sentido. Entendía que o propio Castelao non estaría dacordo co tratamento que se lle daba. E falaba desde o seu propio coñecemento da obra e personaxe que estudiara. De tódolos xeitos, no ano 2018 logrouse que “A derradeira lexxión do mestre” viñera a Galicia finalmente mediante unha cesion da Casa de Galicia de Bos Aires; se ben Alonso Montero entendía que a signficación da mesma aconsellaba que quedara para sempre en Santiago.

Os especialistas que teñen analizado a obra de Alonso Montero, sosteñen que, nese senso, unha perspectiva pouco coñecida de Castelao e a súa relación coa Unión Soviética nos anos da guerra civil, recollidas en cartas e escritos relacionados co tempo, casi un mes, que éste realizou por Rusia e da propia exposición de parte da sía obra en Moscú, no Museo Estatal de Arte Occidental Moderno, onde causara fonda impresión. O interés polo debuxos de éste deu lugar que autorizada a súa reproducción, incluido o famoso sobre última lección do mestre Aunque Castelao non era comunista, esta relación, dentro de aquel contexto, amosaba, según Alonso Montero, que entendía que era vital para a República o apoio da Unión Soviética y que o famoso debuxo debería para nós como o noso Guernka

Por certo, e é unha curiosidade é que unha das evidecias do ambiente familiar na súa casa, de universalidade cultural, é o non moi coñécido feito de que un dos seus fillos sexa un dos máis recoñecidos guitarristas flamencos deste país. Usou sempre o apelido da nai. Trátase de Jesús Pimentel, coñecido como Cuchus, Realizou unha existosa carreira na música e deu concertos en diversos países, colaborando con artistas de soa.

Contenido patrocinado

stats