Obituario | A nosa Ana da tienda
ESQUELAS DE OURENSE
Ana Mª Prieto Fernández adica unhas palabras de despedida a Ana Mª González Álvarez
Hai uns meses que lle fixemos unha homenaxe a Ana na que con estas palabras lle agradeciamos a súa dedicación ó noso querido Boazo e ás súas xentes:
Contigo tivemos a tendeira máis traballadora, servicial, alegre e guapa da contorna.
Contigo todo estaba solucionado: ninguén se quedaba sen pan, os nenos sempre tiñan lambonadas e ós maiores nunca lles faltaba a compra ó pé da porta.
Igual atendías ó negocio, ás fillas, á cociña, á horta, ás vacas dos veciños,... que facías de enfermeira. Todo estaba ó teu alcance.
As túas mans sempre dispostas a axudar.
Nas festas contigo tiñamos todo organizado (incluso chegaches a multiplicar o pan e os chourizos), e sobre todo, a alegría e a festa estaban garantidas.
A pesar de non naceres en Boazo, fuches e serás sempre o noso temón.
Hoxe as circunstancias xa non son as mesmas. Déixasnos despois duns meses de loita contra esta dura enfermidade, acompañada do cariño e coidado da túa xente, en especial das túas fillas, que se adicaron a ti, co mesmo respecto, amor e comprensión que ti as criaches.
A túa falta en Boazo deixa un gran baleiro... Ti eras a “dona” das chaves de moitas casas, ti recollías as nosas cartas, coidabas a igrexa, o centro social, os nosos maiores,... E coa chegada do wsap, estabamos informados en tempo real, se maduraban os tomates, se florecían as flores do noso xardín ou se o pobo amañecía nevado.
Ti sempre tiñas tempo para todos cun sorriso e as portas da túa casa e do teu corazón sempre estaban abertas.
Recordo que cando nos despediamos de ti dicías: Ata sempre queridos, coidádevos, que Dios nos de salud, que todo queda aquí.
Ti marchas pero aquí queda nos nosos corazóns unha pegada imborrable da túa alegría, da túa paciencia e da túa bondade infinita ata o último momento.
Que a nosa Virxe da Asunción te arroupe co seu manto para mitigar a dor desta última etapa da túa vida e, alí onde chegues, sexas de novo ese ser marabilloso, sorrinte e alegre. Que esa voz semelle o canto dun gorrión e voes de novo feliz como unha bolboreta.
Gracias Ana, infinitas, por estes anos marabillosos que compartinos contigo, fuches o maior tesouro que tivemos neste querido Boazo, sempre nos fixeches moi felices.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mariluz Villar
MUJERES
Ver el mañana
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre eso que aún llamamos otoño