POLÉMICAS POR LOS EXÁMENES
Manuel Reigosa, rector de la UVigo lamenta “errores humanos” de la PAU
NOVO ALCALDE
O pleno de investidura para elixir ao novo alcalde da cidade de Lugo terá lugar o vindeiro martes, 11 de marzo, tal e como confirmou o alcalde en funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, que informou de que a sesión foi convocada para as 19,00 horas.
Este anuncio vén valida a decisión tomada polo grupo municipal este mércores pola tarde para que Miguel Fernández sexa o próximo mandatario, após o falecemento de Paula Alvarellos, o pasado sábado por mor dun infarto. O alcalde accidental mantivo xa unha primeira reunión co candidato socialista para establecer a convocatoria deste pleno extraordinario e para comezar a falar das tarefas pendentes.
Arroxo destacou “a axilidade” coa que o PSdeG resolveu a situación ao asegurar que “nun momento moi complicado conseguiron resolver esta situación en tempo marca”. A decisión, segundo avanzaran os socialistas, pospúxose até o final do período de loito oficial, o pasado martes ao mediodía, pero ao coincidir en festivo, non foi até o mércores que se reuniron, a porta pechada e sen convocatoria á prensa, para escoller ao sucesor.
O que será o novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, que non quixo facer declaracións á prensa despois da reunión na que se acordou a súa designación, avanzou nunha breve intervención na mañá deste xoves que comeza esta etapa “nunhas circunstancias difíciles, con moita ilusión e moitas ganas”. Ademais, agradeceu o apoio prestado polos compañeiros por permitirlle “a honra” de traballar pola sociedade e os veciños e veciñas.
De cara ao novo período que comezará o martes, o responsable nacionalista anunciou que os cinco concelleiros nacionalistas manterán as mesmas responsabilidades que até agora, con Rubén Arroxo a cargo da área de Mobilidade e Infraestruturas; Maite Ferreiro en Cultura, Turismo e Promoción da Lingua; Alexandre Penas como concelleiro de Infraestruturas Urbanas; Cristina López a cargo da área de Participación e Servizos á Veciñanza; e Iria Buide á fronte da Concellaría de Educación e Difusión do Coñecemento.
Avanzou tamén que coa sorpresiva morte de Paula Alvarellos quedaron sen pechar varios temas.
Arroxo destacou “a boa relación persoal” que mantivo con Miguel Fernández ao longo do últimos dez anos que compartiron na Corporación, ao que cualificou como unha “persona dialogante, que busca acordos”. Referiuse a este talante como algo “clave para garantir o bo funcionamento do goberno local” e afirmou que “máis aló dos cambios que haberá no goberno debido á reestruturación do grupo do PSdeG, van manter unha política continuista baseada no pacto asinado entre as dúas forzas que conformamos o Goberno”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLÉMICAS POR LOS EXÁMENES
Manuel Reigosa, rector de la UVigo lamenta “errores humanos” de la PAU
PROYECTOS CIENTÍFICOS Y TECNOLÓGICOS
La industria se moviliza para sumarse al futuro del CERN
PLAYAS CON BANDERA AZUL
Diez nuevas banderas azules realzan el liderazgo de Galicia
Helena Moreira Millán
Buscan a una joven de 19 años desaparecida en Moaña desde el martes
Lo último
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Las verdades ocultas de una treintañera
subasta de lujo
Sale a subasta en París el primer bolso de piel de tiranosaurio
ENCUENTRO EN LA CAPITAL DEL TURIA
La Asociación de Licenciados y Doctores Españoles en Estados Unidos celebrará su congreso en Valencia